A conselleira de Infraestruturas e Vivenda
A Coruña, 20 de febreiro de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou hoxe co Representante Axentes da Propiedade Inmobiliaria de Galicia, Herminio Carballido, un acordo para a colaboración na difusión do Programa de vivendas baleiras.
Vázquez Mourelle indica que con este acordo séntanse as bases dunha colaboración para dar a coñecer estes beneficios entre os propietarios de vivendas baleiras para animalos a que as introduzan no programa. Precisou que a Xunta se pon a disposición dos Colexios para resolver calquera dúbida e mesmo para celebrar encontros de difusión deste programa social que tamén pode dar solucións aos propietarios de vivendas sen ocupar, animándoas a metelas no mercado do alugueiro se non o están e axudando a atopar un inquilino con tódalas garantías.